CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Abertal celebrará o Día das Letras Galegas cun acto o 15 de maio na praza do Concello da Rúa

Publicidade
Unha das actuacións de Abertal polas Letras Galegas o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Para a Asociación Cultural Abertal, agrupación que defende como ninguén a cultura, a tradición e a lingua galegas, o Día das Letras Galegas é unha data moi especial, que sempre celebra por todo o alto coa veciñanza da Rúa.

O ano pasado, tras dous anos sen actuar debido á situación sanitaria, os músicos e bailaríns de Abertal reencontrábanse co público cun esperado festival polas Letras Galegas; e este ano, no que o día está adicado ao poeta veciño, Florencio Delgado Gurriarán, o evento será aínda máis especial.

 

 

Tal como avanza o presidente da asociación, Manuel Durán, Abertal celebrará o Día das Letras cun acto na parte de abaixo da praza do Concello da Rúa o vindeiro domingo 15 maio ás 12:30 horas. Comezarán facendo un repaso pola vida e obra do poeta homenaxeado, continuando coa interpretación de temas de gaita e tamén baile. O apartado musical, que intercalarán con poemas de Florencio, incluirá dúas pezas de gaita inéditas, unha creada polo director da banda de gaitas, Óscar Guerra, e outra por Xaquín Freixeiro.

O festival continuará con tres pezas de baile, dos pequenos e tamén dos adultos, e rematará coa interpretación do Himno Galego.

Artigos relacionados

Back to top button