CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Abertal clausura o curso cun multitudinario festival

O Centro Cultural Avenida da Rúa acolleu a actuación dos alumnos da escola de música tradicional

Dende os mais pequenos (nivel 1), ata os maiores (nivel 5). Das pandereteiras, aos bailaríns, o coro e os acordeonistas. En pequenos grupos segundo o nivel, un a un os alumnos da Escola de Música e Baile Tradicional Abertal da Rúa, foron pasando polo escenario do Centro Cultural Avenida, no decurso do festival de fin de curso.

Os primeiros en actuar, diante de numeroso público, foron os membros da banda de gaitas e de seguido facíano os máis pequenos, subindo en idade conforme ía discurrindo a velada, ata rematar con todos o maiores (coro e acordeonistas incluídos) sobre o escenario.

E tralo concerto no que os alumnos amosaron o aprendido durante o ano, a familia Abertal poñía o broche ao curso coa tradicional cea.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G.Bellver

Artigos relacionados

Back to top button