CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Abertal despide o curso cun festival musical e unha cea

A festa tiña lugar no Centro Cultural Avenida e na Casa da Cultura da Rúa na tarde-noite do 22 de xuño

Dende oa máis pequenos ata os maiores. Dende baile ata gaita, pandeireta ou tamboril, pasando polo acordeón. A escola de música e baile tradicional Abertal, despedía un ano máis o curso cun multitudinario festival no Centro Cultural Avenida da Rúa.

O concerto comezaba pasadas as sete e media da tarde do venres 22 de xuño cos grupos de percusión que tocaron unha muiñeira, un pasodobre e un valse. Despois tocoulle o turno aos de baile e pandeireta, máis baile e acordeón, dos alumnos pequenos. Despois subían ao escenario os maiores da escola que tamén cantaron, tocaron e bailaron, pechando o festival a banda de gaitas. Tal como explicou o mestre e director de Abetal, Manuel Durán “aquí hai un grupiño de gaiteiros novos que tocaron hoxe en público por primeira vez e que o fan realmente ben”, dixo, desexando que “en setembro teñamos aínda máis alumnos novos para poder continuar con isto”.

Malia o calor que facía no cine, o público aplaudía cada peza, pechando a festa de fin de curso cunha cea na Casa da Cultura.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button