Galerías de fotosÚltima hora

Abertal e Tornaxeira, xuntos no I concerto de Nadal da Rúa

Non hai nada mellor que comezar o ano con música. Por iso, dende hai un par de meses os membros de Abertal e de Tornaxeira, uníronse para dar forma ao que sería o I concerto de Nadal da Rúa. Un concerto que na tarde do domingo 4 de xaneiro enchía o Centro Cultural Avenida de público, que aplaudíu, cantou e ata bailou ao ritmo das panxoliñas, os cantos de reis e tamén algún pasodobre.

A música correu por conta do grupo folk Tornaxeira, mentres que a voz puxérona os membros da agrupación de baile e música tradicional Abertal, dende os máis pequenos, ata o grupo de pandereteiras, sen esquecer o coro.

O broche poñíano todos xuntos no escenario, cantando “Vinde ver o neno” e “Alerta pastores”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button