CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Abertal pon ritmo e son galegos ao Sábado de Entroido no Barco

 

Este ano o programa do Entroido no Barco de Valdeorras non inclúe o tradicional desfile de comparsas e folións. No  seu lugar, haberá actividades musicais e animación de rúa.

A primeira tiña lugar na tardiña deste sábado 26 de febreiro. Da man de Abertal (agrupación de música tradicional galega recentemente constituída como asociación cultural) celebrábase unha animada foliada. Con inicio no Malecón e remate na praza Maior, o grupo de músicos dirixidos por Manolo Durán foi percorrendo os os diferentes locais de hostalaría da zona, enchendo cada recuncho cos seus animados temas do folclore galego.

O programa de Carnaval no Barco continúa mañá co último día das I Xornadas de Botelo e Cocido Valdeorrés en 17 restaurantes. Ás 12:30 horas  haberá unha cata coa sumiller Mercedes González na Casa do Río Cigüeño. Adermais, o luns 28 de febreiro ás 17 horas estará no Malecón o Folión do Zampón, unha actividade para o público infantil e familiar; e xa o Martes de Entroido, 1 marzo, a partir das 17 horas haberá pasarrúas coa Charanga Unión Phenosa e Airiños de Caldelas.

Fotos e vídeo da foliada con Abertal: Mónica G. Bellver, excepto as dúas últimas da galería que son de Nunci Domínguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button