A RúaConcellosÚltima horaVídeos

Abertal pon son á mañá no último día de festas na Rúa

 

Dende a Casa da Cultura ata a praza da Estación, pasando polas diferentes rúas, prazas e terrazas da Rúa. É o completo percorrido musical que na mañá deste luns 8 de agosto realizaba a banda de gaitas Abertal, poñendo a nota tradicional á mañá do último día de festas (festivo local) na vila.

As que rematan hoxe están sendo sen dúbida unhas das festas máis completas e variadas dos últimos tempos na Rúa, con diferentes actividades para os nenos e moito espectáculo musical para todos os gustos e idades.

Con respecto aos pasarrúas, animaron nesta edición as charangas BB+ e Fuego, así como a banda de gaitas local Abertal.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button