DeportesÚltima hora

Aberto o prazo de inscrición para a II Milla nocturna da Rúa

A proba atlética celebrarase o venres 7 de agosto no paseo do Aguillón
Liña de saída na pasada e dición da milla urbana nocturna A Rúa.
Liña de saída na pasada e dición da milla urbana nocturna A Rúa.

Por segundo ano consecutivo, o paseo de Aguillón acollerá a milla nocturna de A Rúa organizada polo club Atletismo Rúa en colaboración co Concello da Rúa e prevista para o 7 de agosto.

Tal como explican dende a organización o percorrido será “totalmente plano e asequible para todos dividindo as saídas en distintas categorías que englobarán grupos de idade similares para que podan participar dende os máis pequeños ata os maiores”.

Para os menores de 14 anos a inscrición será gratuíta, e para os demáis terá un custe de 5 euros pola cal recibirán unha camiseta, podendo facela nas tendas de Tri-Sport e en crono10.com.

Ata o momento, e tal como adiantan dende Atletismo Rúa, “na saída elite teñen confirmada a asistencia o campión de España de montaña, Damián Anta Fernández e o senegalés Moustapha Mbaye”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button