Publicidade
En portadaÚltima hora

Aberto o prazo de inscrición para o minicampamento “Descubre a natureza”, en Trives

A iniciativa forma parte do programa "Coñece Galicia", que tamén oferta prazas en O Carballiño

Exterior do Concello da Pobra de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Os minicampamentos de verán do programa “Coñece Galicia” abren o seu prazo de inscrición para os meses de xullo e agosto cunha oferta de 48 prazas para os concellos de A Pobra de Trives e O Carballiño. Esta iniciativa está promovida pola Consellería de Política Social xunto coa de Cultura e Turismo e ten como obxectivo “apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte dos máis novos, ao tempo que se fomenta o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, así como o coidado do medio ambiente e o ocio educativo”. A iniciativa está dirixida a todos os nenos empadroados en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude.

O minicampamento “Descubre a natureza” de Trives terá lugar no hotel “As Maceiras” e estará dedicado especialmente ao coñecemento de paraxes naturais. Para esta localidade ofértanse varias quendas: do 20 ao 24 de xullo (15 prazas libres), do 27 ao 31 de xullo (11 prazas libres) e do 3 ao 7 de agosto (6 prazas libres). En O Carballiño, o campamento recibe o nome de “Aventura no Arenteiro”. Será no hotel “O Xardín” e estará centrado en actividades multiaventura. O programa oferta dúas quendas: do 27 ao 31 de xullo (11 prazas libres) e do 17 ao 21 de agosto (6 prazas libres).

O prazo de inscrición remata tres días antes do inicio de cada actividade e a reserva deberá efectuarse a través dun formulario electrónico dispoñible na páxina web de Xuventude. O interesado poderá solicitar un máximo de tres quendas indicando a orde de preferencia e a adxudicación de prazas farase por orde de inscrición. Cada minicampamento ten un custo total de 125€ con descontos do 50% a familias numerosas e monoparentais e do 25% para usuarios do Carné Xove.

O proxecto forma parte da Campaña de Verán da Xunta “O verán que necesitas” que pon a disposición dos máis novos un total de 6.872 prazas en distintas actividades e campamentos que terán lugar dende a segunda quincena de xullo ata comezos do mes de setembro en diferentes concellos da xeografía galega.

Máis información: http://xuventude.xunta.es/

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close