CulturaCulturaTempo de EntroidosÚltima hora

Aberto o prazo de inscrición para os desfiles do Entroido 2016 en Verín

O límite para apuntar as carrozas e comparsas será o 4 de febreiro ás 18 horas
Desfile de carrozas e comparsas en Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.
Desfile de carrozas e comparsas en Verín. /Foto: Carlos G. Hervella.

O Concello de Verín vén de abrir o prazo de inscrición para as carrozas e comparsas que desexen participar no desfile do Entroido deste ano, sendo a data límite o xoves 4 de febreiro ás 18 horas.

A orde e colocación do desfile irá a criterio da organización. Aquelas comparsas ou carrozas que non se apunten dentro do prazo de inscripción e se presenten no comezo do desfile irán colocadas ao final do mesmo.

Os interesados en inscribirse poderán achegarse ata a Oficina de Información turística e sala de exposicións de Verín para facer efectiva as súas proposta.

A saída do desfile do Domingo de Entroido será ás 12:15 horas, e a do Martes de Entroido ás 16:30 horas. A comparsa ou carroza que participen no desfile debe estar, como mínimo, 30 minutos antes da saída, para que a organización poda colocalos na súa posición e comezar con puntualidade, na Avenida de Castela, á altura da rúa San Félix.

Ademais poderán participar na comida do Domingo de Piñata (previo Pago) unicamente os participantes que se inscriban previamente para o desfile. Os tíckets recolleranse no restaurante no que se fará o xantar.

Artigos relacionados

Back to top button