A RúaConcellosÚltima hora

Aberto o prazo de matrícula da Escola de Música Adagio e das Escolas Deportivas Municipais da Rúa

O período rematará o 15 de outubro cando, previsiblemente, comezarán as clases das escolas deportivas

 

Dende o día 5 e ata o 15 deste mes de outubro estará aberto o prazo de matriculación tanto para as Escolas Deportivas Municipais como para a Escola de Música Adagio, na Rúa, que deberá realizarse na Casa do Concello de luns a venres en horario de 9 a 14 horas. Tal como explican dende a administración local, o pago farase en dúas veces: unha no momento de formalizar a matrícula e outra no mes de febreiro de 2021.

Dende o Concello avanzan que inicialmente o comezo das escolas deportivas está previsto para o día 15 de outubro pero lembran que dada a situacuón sanitaria, a “data de comezo das actividades estará supeditada á evolución da pandemia, de tal forma que poderá ser obxecto de modificación se a situación sanitaria así o esixise”. Ademais, unha vez comezadas as actividades, estas poderán ser suspendidas por causa da pandemia. Cada actividade, así como a instalación na que se desenvolva, contarán cun protocolo de medidas e normas fronte ao Covid-19, que será de coñecemento e obrigado cumprimento para todos os usuarios.

Artigos relacionados

Back to top button