A RúaConcellosÚltima hora

Aberto o prazo para participar no VII concurso fotográfico ‘Olladas de Igualdade’ do Concello da Rúa

 

Un ano máis e xa van sete, o Concello das Rúa convoca o concurso fotográfico ‘Olladas de Igualdade’, no que se valorará fundamentalmente que os traballos presentados versen sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e sobre a visibilización do traballo da muller.

A data límite para presentar os orixinais é o 26 de abril establecéndose tres premios: un primeiro de 150 euros, un segundo de 75 euros e un terceiro de 50 euros. Unha vez feita a comprobación de que todos os orixinais se axustan ás bases as fotografías presentadas estarán expostas durante un mes na Casa da Cultura.

Coma sempre, o Concello utilizou a fotografía gañadora da pasada edición para ilustrar o cartel deste ano. Trátase da imaxe ‘Igualdade de condicións’, do barquense Arsenio Blanco Gayoso.

As bases poden consultarse aquí: BASES-VII-OLLADAS-DE-IGUALDADE

Artigos relacionados

Back to top button