OurenseÚltima hora

Aberto o prazo para subsanar fallas nas solicitudes de axudas para libros e comedores escolares en Ourense

O prazo habilitado é de 10 días hábiles, finalizando o vindeiro 28 de agosto

Foto de arquivo.

 

A Concellería de Política Social de Ourense ven de publicar hoxe, 14 de agosto, na páxina web do Concello, o requerimento de emenda para que as persoas solicitantes do programa de axudas de libros e comedor escolar do curso 2020-2021 poidan subsanar as fallas na documentación presentada. Tamén está dispoñible a relación entre os solicitantes e a documentación que precisan.

O prazo será de 10 días hábiles e rematará o día 28 de agosto. No caso de non cumprilo, teráse por desistida a petición cos efectos previstos no artigo 21.1 da Lei 39/2015 do 1 de outubro. A convocatoria ten un orzamento de 294.250 euros, 25.000€ para axudas de libros de texto e material e 269.250€ para comedores escolares.

Artigos relacionados

Back to top button