ConcellosÚltima hora

Aberto o proceso de información pública para revisar o plan da seca da conca Miño-Sil

O plan permanecerá aberto durante os vindeiros tres meses para que os interesados poidan presentar as súas propostas
Encoro do Bao, na vila de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (MAPAMA) sacou hoxe, 22 de decembro, a información pública a revisión do plan especial de xestión das secas da demarcación hidrográfica de la demarcación Miño-Sil. Tal como aparece publicado hoxe no Boletín Oficial do Estado (BOE), este novo plan estará en exposición pública por un período de tres meses para que todos os interesados poidan presentar as observacións e suxestións que estimen oportunas. A revisión do plan pode ser consultada na web da CHMS.

Este proceso de revisión permitiu potenciar, din dende o Ministerio, o vixente sistema de indicadores para diferenciar con claridade as situacións de seca hidrolóxica e a escaseza, mellorar as medidas conxunturais para mitigar os seus efectos así como os mecanismos institucionais e participativos pertinentes para a activación e desactivación das medidas contidas no plan.

Todas as medidas recibidas ao longo destes tres meses serán estudadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil que, unha vez rematado o proceso, elaborará un informe específico de valoración explicando as razóns da estimación ou desestimación de todas as alegacións recibidas.

Paralelamente a esta revisión, o Ministerio, a través das distintas Confederacións Hidrográficas, recadaron información aos concellos e aglomeracións urbanas de máis de 20.000 habitantes la necesidade de que revisen o redacten os seus propios plans de seca, tal como establece el Plan Hidrolóxico Nacional, uns plans que deberán estar en consonancia co contido dos plans de seca da demarcación.

Artigos relacionados

Back to top button