En portadaÚltima hora

Abre as súas portas o 4º Mercadiño Navideño de Rubiá

Conta cunha decena de postos de diversos produtos e poderá visitarse nesta fin de semana na Casa da Cultura

 

Orixinais manualidades, cheas de cor e pensadas para as datas navideñas, e tamén doces. Son os artigos que expoñen no primeiro posto co se encontra de fronte o público nada máis entrar na Casa da Cultura de Rubiá, que nesta fin de semana de 14 e 15 de decembro acolle o 4º Mercadiño Navideño desta localidade. É o expositor da comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá, un dos preto de dez  postos que participan nesta edición da feira, que abría as súas portas no mediodía deste sábado.

 

 

Poden verse tamén postos de “ganchillo”, de artigos de segunda man, de produtos de limpeza, de manualidaes, bisutería, de prendas customizadas e mesmo hai un no que se fan trenzas. “Esta é a novidade deste ano, e está tendo moito éxito”, comenta a concelleira Laura Iglesias, que xunto co alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, percorría o mercadiño.

Esta mostra poderá visitarse, tanto nesa xornada como na do 15 de decembro en horario de 12:30h. a 14h. e de 16:30h. a 19:30h. Ademais, este segundo día pola tarde o Concello entregará os premios do concurso de fotografía “Rubiá Outono sen filtros” ás 19:15h. Nesta edición participaban un total de sete persoas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button