SanidadeÚltima hora

Ábrense as inscricións da II Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín

O 15 de setembro xa será posible anotarse de forma presencial durante a Milla do Barco

Participantes na primeira edición desta proba solidaria en Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Deporte e solidariedade daranse a man novamente o vindeiro 24 de novembro en Vilamartín. Esta localidade valdeorresa acollerá a segunda edición da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas, que este ano contará con ata catro modalidades deportivas: carreira (12 km), andaina pro (12 km), andaina light (4,5 km) e modalidade BTT (32 km).

A súa maquinaria organizativa xa está en marcha e este vindeiro domingo 15 de setembro, coincidindo coa 33ª Milla Urbana do Barco, abriranse as inscricións para esta cita. “Na tarde do domingo será posible inscribirse de forma presencial no stand inaugural que se habilitará no Malecón, xunto á saída e a meta”, adiantan dende a organización da proba vilamartinesa.

Despois, entre o 16 de setembro e o 19 de novembro tamén se poderán realizar inscricións a través da plataforma www.carreirasgalegas.com, páxina da Federación Galega de Atletismo. “Con este amplo prazo na modalidade online queremos favorecer a realización de forma telemática das inscricións para poder contar en tempo real con información de corredores, andaríns, ciclistas e nenos para dese xeito avanzar cos preparativos de forma gradual e ordenada en función do volume de participantes esperados”, indican dende a organización, en mans de tres veciñas de Valdeorras.

 

As promotoras da II Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas./ Foto cedida.

 

Por outra banda, a partires do 21 de outubro será posible anotarse na proba de forma presencial en locais do Barco, Trives, A Rúa, Rubiá e Vilamartín. Se ben para a modalidade de BTT só será posible a inscrición online.

O prezo das inscricións será o mesmo que na pasada edición: 10 euros para os adultos (carreira e andaina), 5 euros para os nenos que fagan a andaina e 15 euros para os participantes na BTT. “O importe íntegro das inscricións será doado á Asociación ACANPAN (Asociación Cancro de Páncreas) para destinalo ao financiamento das becas Carmen Delgado/ Miguel-Mateo dedicadas a estudos relacionados coa investigación na diagnose e/ou tratamento do adenocarcinoma de páncreas”, tal e como indica a organización.

Na edición do 2018 “grazas á colaboración de múltiples institucións e empresas foi posible organizar un evento no que se acadaron os 1.000 inscritos (entre nenos e adultos) e que supuxo batir todos os récords de participación en eventos similares chegando a contar con 800 participantes. Un evento que uniu a unha comarca por unha mesma causa, logrando unha doazón conxunta de 12.000 euros, entre inscricións e doazóns de persoas e empresas. Este ano queremos que a comarca se mobilice para batir un récord, Ganarlle ao cancro de páncreas“.

Máis información:
www.carreirasgalegas.com

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close