Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ábrense as inscricións para o Gran Premio de Montaña da Rúa, con novidades no percorrido

Terá lugar o domingo 4 de outubro e é unha das tres únicas probas da Copa Galega de Montaña

Ábrense as inscricións para o Gran Premio de Montaña que organiza o Club Atletismo Rúa. A actividade terá lugar o domingo 4 de outubro con saída dende a Praza Enriqueta Casanova de Fontei. Ademais, é unha das tres únicas probas da Copa Galega de Montaña. Así, a organización espera entre 150 e 200 persoas “cos corredores de montaña máis importantes de Galicia e da Península Ibérica”.

 

Durante unha das pasadas edicións. Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dende a organización afirman que este ano haberá novidades no percorrido de todas as probas, especialmente na Andaina, onde será “máis suave que outros anos”, eliminando o descenso do Miradoiro de Barranco Rubio. “Nas dúas distancias do Trail e na Andaina pasaremos por lugares emblemáticos da proba como “Ponte Pérez”, de orixe medieval, o regueiro da Rúa, e a aldea de San Xulián.

 

Cartel da actividade.

 

Ademais, “escalaremos “O Muro” de 400 metros de altitude e un desnivel de máis dun 30 por cento. Alí divisaremos as Médulas, o val coa Rúa debaixo e as súas viñas desde a Serra do Cereixido”. Por último, visitarán miradoiro do Pico Cabeza do Pote con vistas ao Canón do Sil, e a Casa Grande de Fontei e as súas rúas.

As inscricións poderanse facer de forma online en Galitiming.com e de forma presencial nas tendas Tri-Sport da Rúa e Foot on Mars do Barco.

Trail de 33 km (saída ás 9:15 horas)

  • Inscrición do 15 de xullo ao 2 de agosto: 15 euros para os federados e 18 euros para os non federados.
  • Do 3 de agosto ao 1de outubro: 19 euros para os federados e 21 euros para os non federados.

Mini Trail de 15 km (saída ás 9:30 horas)

  • Inscrición do 15 de xullo ao 2 de agosto: 12 euros para os federados e 15 euros para os non federados.
  • Do 3 de agosto ao 1 de outubro: 14 euros para os federados e 17 euros para os non federados.

Andaina de 15 km (saída ás 9: 40)

  • Inscrición do 15 de xullo ao 2 de agosto: 10 euros para os federados e 13 euros para os non federados.
  • Do 3 de agosto ao 1 de outubro: 12 euros para os federados e 15 euros para os non federados.

Máis información e inscricións en:
https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/gpm-galitiming-a-rua-2019-copia/?lang=es

Artigos relacionados

Back to top button