CulturaCulturaÚltima hora

Ábrense as inscricións para participar na comitiva dos Reis Magos do Barco

As persoas interesadas (tanto adultos como nenos) poderán anotarse no Concello ata o 29 de decembro
Imaxe da Cabalgata de Reis do Barco do 2017./ Foto: A.R.

O Concello do Barco vén de abrir un prazo para inscribir aos nenos e nenas, así como a adultos, que queiran tomar parte na comitiva dos Reis Magos deste Nadal. A cabalgata sairá da estación de autobuses ás 18h. e percorrerá as rúas do Barco o próximo 5 de xaneiro.

Os interesados en participar na comitiva deberán facer a inscrición no servizo municipal de Cultura (Teatro Lauro Olmo, 1º andar) ata o 29 de decembro, das 9horas ás 14 horas. “Admitiranse 30 nenos e 10 de reserva, de idades comprendidas entre os 5 e os 10 anos. Outro grupo estará formado por 40 persoas adultas ou nenos e xoves entre 11 e 17 anos. En todos os casos será respectada a orde de inscrición e os menores deberán ser autorizados por escrito polos seus pais ou titores”, segundo se informa dende o Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button