EconomíaEconomíaÚltima hora

Ábrense as inscricións para o concurso de decoración de Nadal no Barco

Será xa a cuarta edición deste certame que busca que as rúas da vila teñan a maior cantidade posible de decoración de Nadal
Cartaz do certame.
Cartaz do certame.

A Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA), o Centro Comercial Aberto (CCA) e o Concello do Barco veñen de convocar unha nova edición do Concurso de Decoración “Nadal nas Rúas”. Será xa a cuarta edición. Con esta iniciativa preténdese, como en anos anteriores, que as rúas da vila barquense teñan a maior cantidade posible de decoración de Nadal.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 18 de novembro, e deberá facerse, ben nas oficinas de AEVA no Barco, ben enchendo o formulario nesta páxina web e na de AEVA (www.empresariosdevaldeorras.com). As bases do concurso están tamén publicadas en ambas web:
http://concellodobarco.org/fileadmin/obarco_user/Actividades/2016/BASES_IV_CONCURSO_NADAL_NAS_RUAS_._O_BARCO2016.pdf

O concurso establece dous premios, de 150 e 100 euros, para os ganadores.

Artigos relacionados

Back to top button