OurenseÚltima hora

Ábrese a III edición dos premios do Círculo de Xoves Empresarios

Estes galardóns teñen dúas categorías: Xove Empresario ou Empresaria e Iniciativa Empresarial
Directiva do Círculo de Xoves Empresarios na presentación dos premios.
Directiva do Círculo de Xoves Empresarios de Ourense na presentación dos premios.

A entrega da III edición dos premios do Círculo de Xoves Empresarios terá lugar o vindeiro 30 de outubro ás 20h. no edificio do Banco de España en Ourense. Así o anunciaba a xunta directiva da asociación na presentación dos premios, cuxo prazo de presentación de candidaturas ábrese hoxe 10 de outubro.

O presidente Lois Babarro, acompañado do vicepresidente Diego Novelle e do tesoureiro José Manuel Regueiro, explicaba que estes galardóns queren recoñecer “por un lado, unha traxectoria empresarial, e por outro, a posta en marcha dunha iniciativa nova e diferente”. Neste sentido, Babarro adiantou que igual que o ano anterior haberá dous recoñecementos: un ao Mellor Empresario ou Empresaria e outro á Mellor Iniciativa Empresarial. Como novidade nesta III edición introdúcese o reconocimiento ao Mentor, “una mención especial a alguna persoa de relevancia involucrada co emprendemento e que preste o seu apoio ás iniciativas e proxectos dos xoves empresarios.

Artigos relacionados

Back to top button