OurenseÚltima hora

Ábrese a XXII Feira de Artesanía de Ourense

Entre hoxe e o mércores haberá demostracións de oficios artesáns e venda de pezas da marca Artesanía de Galicia
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, na inauguración da feira.

Baixo o lema “A creación como modo de vida” vén de abrir as portas a XXII Feira de Artesanía de Ourense, que amosará o traballo dunha vintena de artesáns do tecido, a xoiería, a bixutería, o coiro, o vidro ou a madeira. A maioría dos participantes son profesionais da marca Artesanía de Galicia como Ceibe (Ribadavia), Paz Navas (A Coruña), Amorei (Soutomaior), Chueco (A Coruña), Crisol de Abril (Fene), Afeitura (A Coruña), Mestura de Kores (Vigo), Artesara Joyería (A Coruña), Xakarandá (Pontevedra), A. Outeiriño: tecido artesán (Ourense), Silvereira (Teo), Rosa Higuero (Cabanas), Tucoiro Maceda (Maceda), Zimzelatum (Gondomar), Armaior (Quiroga e a colareira Montse Betanzos (O Grove).

Ademais de mercar, os visitantes poderán participar en obradoiros e demostracións de oficios coma o de sombreirería, cestería, torneado de madeira, olería, talla de madeira, construción artesanal de gaitas e bordados ao aire. Entre os docentes destacan os artesáns Félix de Martín (Ourense), María Jesús Labrador (Lobeira), Agustín Vázquez (Xunqueira de Espadanedo), Roberto Figueira (Rianxo) ou Belén Vázquez (Ourense). Como vén sendo habitual nos últimos anos, a organización realizará diariamente un sorteo de pezas artesanais.

O horario da feira, que se celebrará ata o mércores 27 de xuño na rúa do Paseo, coincidindo coas festas da cidade, será de 11 a 14 e de 17 a 22 horas. A inauguración tiña lugar na mañá do 22 de xuño da man da directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez; ed a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.

Artigos relacionados

Back to top button