ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Ábrese ao público a mostra “Momentos sen tempo” en Verín

Esta exposición escultórica poderá verse ata o 28 de marzo na sala de exposicións da vila

 

A mostra “Momentos sen tempo” inaugurábase na tarde do 7 de marzo na sala de exposicións de Verín. Trátase dunha exposición escultórica do artista Antonio Souto que poderá visitarse ata 28 de marzo.

O acto inaugural contaba coa presenza de Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde de Verín, e co propio artista, Antonio Souto. Á presentación tamén acudían alumnos do C.P.R Apostólico Mercedario, de primeiro e segundo curso de Educación Secundaria Obligatoria e varios artistas locais.

 

Fotos: Concello de Verín

Artigos relacionados

Back to top button