ConcellosO BarcoÚltima hora

Ábrese ao público o Belén de Viloira (O Barco), na igrexa parroquial

Retómase a tradición deste nacemento, elaborado por tres matrimonios veciños da vila

 

Con moito agarimo e coidando os seus múltiples detalles e elementos, na tarde de onte remataba a instalación do Belén de Viloira (O Barco), que nesta maña de domingo, 5 de decembro, abríase ao público na igrexa parroquial. Da elaboración deste nacemento encárganse tres matrimonios veciños da vila que, tras a obrigada paréntese do ano pasado pola situación sanitaria, volvían montalo de cara a este Nadal, tratando de melloralo e con diversos cambios na súa distribución.

O belén, con figuriñas artesanais, ocupa un amplo espazo e recrea diferentes escenas sumamente detallistas como zonas de cultivo, un completo mercado, unha cantina, unha panadería… Poderá visitarse ata o vindeiro 30 de xaneiro cun horario de 17h. a 18:30h. polas tardes durante a semana e os domingo entre as 11h. e as 13:30 h., iso si, gardando sempre as medidas sanitarias fronte ao Covid.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button