ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Ábrese a IV Feira Internacional de Alfarería no Malecón do Barco

Catorce artesáns de diversos puntos da península amosan as súas obras en barro ata o 15 de maio

O torno comezaba a xirar na mañá do 13 de maio no Malecón barquense. O barro ía tomando forma nas mans dun artesán de Carbajal de la Legua (León). É un dos catorce alfareiros amosan ao público as súas creacións no marco da IV Feira Internacional de Alfarería do Barco, que estará aberta ata o vindeiro 15 de maio.

A mostra reúne unha gran diversidade de obxectos en barro de estilos e técnicas variadas de artesáns chegados de diferentes puntos da península: León, Zamora, Asturias, Toledo, Badaxoz, Cidade Real e Toledo. Asemade nesta edición o país convidado é Portugal, representado por un alfareiro de Coimbra. Ao longo desta mostra haberá talleres-demostracións ao torno en vivo.

Esta mostra está organizada pola Federación Interregional de Alfareros de España (Finral) en colaboración co Concello do Barco.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Back to top button