En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ábrese o Centro de Interpretación de Pena Trevinca en Ponte

Tras o acto inaugural, tiña lugar unha visita guiada a estas instalacións da man de Valeriá Paül

En dúas plantas (baixa e primeiro piso) o Centro de Visitantes da ZEC Pena Trevinca, situado en Ponte (A Veiga), achega os recursos deste macizo montañoso que se atopa entre as provincias de Ourense, Zamora e León a través de diversos paneis. Así o recordaba na visita guiada que facía no acto inaugural das instalacións (nas que antigamente estaba a escola de Ponte) o profesor Valeriá Paül.

Comeza o percorrido ao carón do gran plano deste conxunto montañoso que se ve nada máis entrar e no que se descatan diferentes puntos de interese en cada un dos concellos que toca o maciz: as lagoas glaciares na Veiga, O Teixadal de Casaio (Carballeda de Valdeorras) ou as Morrenas de Cepedelo (Viana do Bolo), entre outros.

O centro alberga tamén elementos de carácter etnográfico (doados por veciños de diversos pobos do municipio da Veiga), así como información sobre a súa flora, con especies moi singulares. A segunda planta está organizada tematicamente en torno a seis bloques: lendas populares, minaría en tempos de guerra, as lagoas de orixe glaciar, os vestixios da gandería, trincheira dos maquis e pegadas do glaciarismo. Tamén se fai un achegamento a Trevinca como destino “Starlight” e ao montañismo como actividade deportiva na zona dende hai oito décadas. Finalmente inclúese un espazo que rende homenaxe á antiga escola.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos:
https://osil.info/temos-moitos-recursos-que-mimar-e-poner-en-valor-na-provincia-de-ourense/

Artigos relacionados

Back to top button