OurenseÚltima hora

Ábrese o concurso para a actualización do Plan Hidrolóxico do Miño-Sil

Os traballos, que inclúen o seguemento do Plan Especial de Secas, teñen un orzamento base de licitación 566.860 euros

rio3

O Boletín Oficial do Estado (BOE) do 22 de novembro vén de publicar unha resolución da Dirección Xeral de Auga pola que se informa da apertura do concurso, por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para a contratación dos servizos dos traballos de seguemento do Plan Hidrolóxico do Miño-Sil, así como para a actualización do seu plan especial de secas, e do inicio da revisión do citado plan para o ciclo ciclo 2021-2027.

O orzamento base de licitación é de 566.860 euros e o prazo de execución de 30 meses. As empresas interesadas teñen de prazo ata o vindeiro 12 de xaneiro para presentar as súas ofertas técnicas e económicas.

Os trabajos inclúen as actividades relacionadas co procedemento de evaluación ambiental estratéxica, tanto do plan hidrolóxico como do plan especial de secas.

Máis información:
https://www.boe.es/boe/dias/2016/11/22/pdfs/BOE-B-2016-59640.pdf

Artigos relacionados

Back to top button