CulturaCulturaEducación

Ábrese o prazo de inscrición nas escolas infantís públicas autonómicas

Será dende mañá 15 de maio ata o 29 do mesmo mes, tamén para as prazas públicas concertadas en escolas infantís de iniciativa privada

 

Dende mañá 15 de maio e ata o vindeiro día 29 de maio, ambos incluídos, estará aberto o prazo de inscrición para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas públicas concertadas en escolas infantís de iniciativa privada.

O Diario Oficial de Galicia publicará mañá as resolucións que rexen o procedemento para a solicitude e adxudicación destas prazas, “á espera de que o Goberno central fixe uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros”, explican dende Educación. A presentación das solicitudes realizarase preferentemente de maneira telemática a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.

No vindeiro curso haberá dúas grandes novidades. En primeiro lugar, este será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos na atención educativa. En segundo lugar, en cada unha das sete principais cidades de Galicia polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as oito da tarde, co fin de mellorar a conciliación das familias.

Artigos relacionados

Back to top button