Ábrese o prazo de inscrición para a “Escola de Verán 2018″ en Verín

O programa deportivo celebrarase entre o 2 de xullo e o 31 de agosto

Escola de Verán 2017 en Verín.

Xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre, actividades acuáticas,… Son algunhas das propostas do programa deportivo “Escola de Verán 2018” en Verín, unha iniciativa lúdico-deportiva, que se desenvolverá desde o luns 2 de xullo ata o xoves 31 de agosto, destinada a un máximo de 180 menores, nados dende o 2004 ata o 2014, cuxo prazo de inscrición está aberto dende hoxe.

As actividades que conforman devandito programa, que terá lugar de 10:30 a 13:30 horas, no Pavillón Municipal de Deportes e as piscinas de A Granxa, distribuiranse en grupos homoxéneos de idades (de 4 a 5 anos, de 6 a 7 anos, de 8 a 10 anos e de 11 a 14 anos), podendo elixir temporalidade (quincena, mes ou dous meses).

O grupo xeral de 3 días/semana dirixido a nenos de 4 a 14 anos, incluirá xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas; o grupo de fútbol e fútbol sala de 3 días/ semana dirixido a nenos de 7 a 14 anos, actividades deportivas de fútbol e fútbol-sala e acuáticas ao aire libre; e o grupo xeral de 5 días/ semana dirixido a nenos de 4 a 14 anos, inclúe xogos predeportivos, rutas de sendeirismo, obradoiros, cine, actividades de ocio e tempo libre e actividades acuáticas. Neste grupo existe a opción de acudir durante tres días ao grupo de fútbol e fútbol-sala e os dous restantes as actividades do grupo xeral de 5 días.

 

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies