Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición para a I Andaina Terras do Bibei prevista para o 11 de setembro en Viana do Bolo

Panorámica de Viana do Bolo. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A praza Maior de Viana do Bolo será o punto de partida e tamén de chegada da I Andaina Terras do Bibei, que se celebrará o vindeiro 11 de setembro.

Con saída ás 9 da mañá, a proba é puntuable para a Copa Galega de Andainas de 50 km da Federación Galega de Montañismo, ofrecendo ademais a posibilidade de facer unha mini andaina de 14 km ou unha andaina máis lixeira de 32 km, as tres distancias nas que se poden inscribir os interesados.

Esta competición está organizada por A Xugo: Asociación de dinamización rural e cultural de San Mamede, Pinchacarneira Ocio Animación e Concello de Viana do Bolo, incluíndo ademais duns sendeiros nun marco paisaxístico incomparable como é o oriente ourensán, e nun entorno bañado polas augas do río Bibei, postos de avituallamiento con comida e bebida, camiseta do evento e bolsa  mochila. Tamén haberá servizo de duchas, ambulancia e servizos de atención primaria, piscina descuberta municipal para uso público e seguro de accidentes.

O prazo de inscrición xa está aberto en www.andainaterrasdobibei.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button