ConcellosÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición para escolas deportivas e deporte base no Barco

As diferentes modalidades base estarán xestionadas polos clubs e as escolas deportivas están dirixidas a maiores de 17 anos
Portada do folleto editado polo Concello do Barco.
Portada do folleto editado polo Concello do Barco.

Dúas son as posibilidades que ofrece a Concellería de Deporte do Barco de Valdeorras para participar no programa de Escolas Deportivas Municipais 2016/2017.

Por unha banda está o deporte base dirixido para todos os menos e nenas do concello coas diferentes modalidades deportivas xestionadsa polo club de referencia que a imparte na vila. As clases de voleibol estarán gestionadas polo Club Voleibol San Martiño-Sección O Barco; as de piragüismo polo Club Fluvial O Barco; as de fútbol polo Centro de Deportes Barco; as de fútbol sala polo Tres Cuñados F.S.; as de karate polo Karate Club Barco e Karate Club River Stone; as de atletismo polo Club Adas; as de tiro con arco polo Club ArcoBarco; e as de baloncesto polo Club Baloncesto Barco. Ademais haberá clases de zumba, iniciación e perfeccionamento á xinmasia rítmica, e ballet, xestionadas polas Escolas Deportivas Municipais.

A outra posibilidade son as escolas deportivas dirixidas a maiores de 17 anos que realizan deporte non federado e mantenerse activa. Nesta apartado haberá: adestramento funcional; ximnasia de mantemento; aerobic; zumba; pilates; bailes de salón; deporte adaptado; e ximnasia rehabilitadora e de propiocepción.

O prazo de inscricións ábrese hoxe 5 de septembro no segundo andar da Casa da Xuventude en horario de 9 a 14 horas. Alí informarán polo miúdo aos interesados sobre as diferentes ofertas. As clases comezan o 3 de setembro.

Artigos relacionados

Back to top button