SanidadeÚltima hora

Ábrese o prazo de inscrición para os Obradoiros de Memoria 2019 en Éntoma, Viloira, O Barco, Vilanova, Veigamuíños e A Proba

Está aberto dende o 23 de agosto e prolongarase ata o 6 de setembro

O pasado venres 23 de agosto abríase o prazo para inscribirse nos Obradoiros de Memoria deste 2019. Prolongarase ata o vindeiro 6 de setembro e os grupos terán prazas limitadas, cun máximo de 20 persoas, para favorecer a organización.

 

Cartel da actividade.

 

Están organizados pola Concellería de Servizos Socias, Igualdade, e Sanidade do Barco, e o seu obxectivo é o de “crear un espazo de aprendizaxe e estimulación próximo para as persoas maiores dos núcleos rurais”.

Os núcleos de poboación onde se realizarán estes obradoiros serán Vilanova, Éntoma, A Proba, Veigamuíños, Viloira e O Barco. Estarán impartidos por unha educadora social, e terán unha duración de hora e media aproximadamente, celebrandose nos locais sociais e antigas escolas das localidades.

O contido das sesións centrarase sobre todo na creación de relacións. Ademais, “actividades como risoterapia ou arteterapia terán unha presenza forte entre os exercicios que se realizarán e complementarán aos de linguaxe, cálculo, gnosias, memoria, etc.”

As inscricións poderán facerse a través dos números 988 32 02 02, na extensión 2167, e 655 84 11 85; ou na planta baixa do Concello vello, en horario de 8:00 a 15:00 horas.

Artigos relacionados

Back to top button