OurenseÚltima hora

Ábrese o prazo de inscricións para a 15K Carreira Nocturna de Ourense

 

Tralo parón do ano pasado pola pandemia, a carreira “15K Nocturna de Ourense Banco Mediolanum” volverá a Ourense o vindeiro 23 de outubro e os interesados en participar poderán inscribirse ata cubrir as 500 prazas dispoñibles que se adaptarán ao protocolo Covid vixente na data.

O percorrido da proba terá a saída na emblemática ponte Romana de Ourense e a chegada será no Centro Comercial Ponte Vella, cun trazado que discorre pola súa maior parte polo paseo do Miño.

A proba, organizada por Noko 360, conta co apoio do Inorde, do Concello de Ourense, ten carácter solidario polo que doarase un euro de cada corredor inscrito á Fundación Juan Soñador, que axuda aos nenos e mozos máis desfavorecidos a unha mellor reinserción social e laboral. Así mesmo, estará aberta unha fila 0 para que calquera persoa que queira colaborar con dita causa poida facelo.

As inscricións poden formalizarse a través do seguinte enlace:https://bit.ly/3ih9XZ5.

 

Artigos relacionados

Back to top button