EconomíaEconomíaÚltima hora

Ábrese o prazo de solicitude de axudas para a contratación de xestores en empresas para impulsar a súa internacionalización

Poderanse pedir ata o vindeiro 29 de novembro

 

 

A Xunta vén de abrir o prazo de solicitude de axudas para a contratación de xestores de comercio exterior para impulsar a internacionalización das empresas. Así, o  Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe, 19 de agosto, a convocatoria pola que se poderán pedir estar axudas ata o 29 de setembro.

Así, contase cun orzamento dun millón de euros para a contratación de 50 mozos e, como novidade este ano, tamén a maiores de 45 anos en situación de desemprego que conteñan experiencia neste campo.

Esta iniciativa “pode cubrir o 70% do salario neto por un máximo de 15 meses ou o 80% do salario neto no caso da contratación de mulleres ou mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Admitirase a posibilidade de contratación de ata dous xestores por empresa”.

Artigos relacionados

Back to top button