CulturaCulturaÚltima hora

Ábrese o prazo para presentar curtametraxes no VI FIC Vía XIV de Verín, previsto para setembro

O festival mantén as súas catro categorías: A Raia, Horizontes, Outra Mirada ou Nova.

Imaxe da pasada edicióin do festival verinés./ Foto: FIC Verín Vía XIV.

 

O engado do cinema regresará a Verín da man dun dos certames culturais máis consolidados na axenda cultural da vila, o Festival Internacional de Curtas FIC Vía XIV. Está previsto que a súa sexta edición se celebre nas mesmas datas do ano pasado, é dicir, na segunda semana de setembro, “sempre e cando as condicións sociosanitarias así o permitan”, aclara Carlos Montero, director do certame.

O 1 de marzo publicábanse as bases desta nova edición na páxina web do FIC (ficviaxiv.com) e ábrese o prazo para que a organización reciba novas candidaturas que, coma é habitual, poderían encadrarse nas catro categorías que compoñen o festival: A Raia, Horizontes, Outra Mirada ou Nova.

Cada curta inscrita antes do 31 de marzo deberá aboar unha cota de inscrición de dous euros; de tres, se se fai antes do 30 de abril; e de catro, se se fai antes do 31 de maio. Esta é a data última na que se poden inscribir os interesados e interesadas en participar cos seus traballos na sexta edición do FIC.
Para a súa preselección, as obras deben subirse no seguinte formato:

– MPEG4 AVC (codec H264).
– Taxa máxima de transferencia de bits: 3000 kbps
– Audio: AAC.
– Subtítulos incrustados.
– Resolución mínima: 480 p

A inscrición realizarase no apartado da web ficviaxiv.com/es/inscripción completando todos os campos que se indican. Para calquera dúbida ao respecto, articulase un correo electrónico ao que dirixirse: [email protected].

As curtas, que non poderán superar os 31 minutos de duración, teñen que ter sido realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. Ademais, aquelas que foran filmadas en idiomas diferentes ao castelán ou galego deberán incluir os subtítulos en castelán, galego ou inglés, tal e como se informa dende a organización.

Artigos relacionados

Back to top button