EconomíaEconomíaÚltima hora

Ábrese o prazo para que os olivicultores poidan inscribirse na XXII Mostra do Aceite de Quiroga

 

Vén de abrirse o prazo para inscribirse na XXII Mostra do Aceite de Quiroga. Esta Festa de Interese Turístico de Galicia celebrarase o domingo día 29 de maio no Muíño de Aceite de Bendilló, nas Farrapas. O prazo de inscrición para que os olivicultores do municipio se poidan anotar estará aberto ata este venres 29 de abril. O número de colleiteiros está limitado a 6 polo que os interesados en participar serán seleccionados por orde de inscricións no rexistro de entrada das oficinas municipais. requisitos imprescindibles serán contar co rexistro sanitario vixente e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

E mentres se traballa nesta nova edición da Mostra do Aceite tamén se continúa loitando por acadar a IXP (Indicación Xeográfica Protexida). Tras ampliar a documentación coas peticións que fixera o Ministerio de Agricultura, agora enviouse novamente á Consellería de Medio Rural, que será quen teña que remitilo ao Ministerio para que mande a petición á Unión Europea.

O alcalde quirogués, Julio Álvarez, está convencido de que “máis pronto que tarde teremos ese distintivo, pois a singularidade e a calidade do aceite que se produce na comarca de Quiroga é indiscutible”.

 

Artigos relacionados

Back to top button