A Escola Municipal de Música de Barbadás abre o prazo para o vindeiro curso 2020/2021. Ofertaranse 16 especialidades e o prazo estará aberto dende hoxe, 22 de xuño, ata o día 6 de xullo.
As persoas interesadas deberán cubrir o impreso e envialo por correo electrónico á dirección da Escola de Música. Unha vez recibido, a Escola porase en contacto co alumnado para telo informado dos pasos a seguir. Ademais, a Escola Municipal de Música de Barbadás oferta tamén prazas de Música e Movemento para nenos de 4, 5, 6 e 7 anos.