ConcellosÚltima hora

Ábrese o prazo para solicitar praza para o vindeiro curso na escola infantil do Barco

Exterior da escola infantil municipal do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Desde hoxe está aberta a convocatoria para iniciar o procedemento de adxudicación de prazas na Escola Infantil municipal 0-3 do Concello do Barco para o curso 2020/2021, tal e como se informa dende esta administración local.

Así, para o vindeiro convócanse as seguintes prazas libres por grupos de idade para a escola infantil municipal do Barco:

– Grupo 0-1 (nados no 2020): 8 prazas libres.
– Grupo 1-2 (nados no 2019): 4 prazas libres (de 13 totais). – Grupo 2-3 (nados no 2018): 6 prazas libres (de 20 totais).

Ademais, quedan reservadas as prazas de renovación do alumnado do centro e as de emerxencia social derivadas do departamento de Servizos Sociais do Concello.

Todo procedemento deberá realizarse de xeito telemático, cos requisitos e condicións que se poden consultar no seguinte documento:

Convocatoria_prazas_curso_2020-21_EIM_O_Barco

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close