A Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO) fixo entrega na mañá de hoxe, 20 de decembro, un cheque a Cáritas Diocesana por valor de 5.800 euros, correspondentes a 15 euros por cada un dos coches vendidos no último Salón do Automóbil novo e de ocasión que tivo lugar en Expourense o pasado mes te outubro. Os cartos irán destinados a sufragar parte dos gastos do comedor social durante a campaña de Nadal.
No acto de entrega estivo o presidente de Acauto, Ramón Seijas; o tesoureiro, Santiago Garza e oito titulares das de concesionarios de vehículos. En representación de Cáritas asistiu Javier Soto, secretario da organización, que foi que recibiu o cheque.
Ramón Seijas manifestou a satisfacción dos concesionarios agrupados en Acauto por esta acción solidaria “alumeada ao abeiro do Salón do Automóbil”, polo que significa como “respaldo moral e económico para o labor de Cáritas, e que chegará a persoas unha situación de dificultade económica. Pola súa banda, Javier Soto mostrou o seu agradecemento por este xesto que se consolida, dixo, “posto que permite incrementar os recursos para atender á xente que o necesita”.