EconomíaEconomíaÚltima hora

ACAUTO e Expourense asinan o convenio para o IX do Salón do Automóbil

Na fin de semana do 20 ao 22 de outubro será o Saló do Vehículo Novo e a do 27 ao 29 do mesmo mes será o do Vehículo de Ocasión
Ramón Seijas e Alejandro Rubín tras a sinatura do convenio. 

Todos os concesionarios da provincia de Ourense pertencentes á Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense (ACAUTO), participarán como expositores no IX Salón do Automóbil que se celebrará durante dúas fines de semana seguidas (do 20 a 22 de outubro e do 27 ao 29 de outubro)en Expourense. Este é o obxectivo do convenio asinado entre o presidente de ACAUTO, Ramón Seijas, e o director xerente de Expourense, Alejandro Rubín, durante a xuntanza mantida hoxe, 2 de outubro, coa directiva da asociación para perfilar os detalles destas citas.

Así, do 20 ao 22 de outubro terá lugar o Salón do Vehículo Novo, do o 27 ao 29 de outubro o do Vehículo de Ocasión. “Trátase de dúas citas vencelladas cun dos sectores comerciais de maior peso na provincia de Ourense, o da automoción, e que está organizado de forma conxunta entre Expourense e ACAUTO”, apuntan fontes do salón de exposicións. Todas as marcas aproveitarán a súa presenza nesta cita para presentar os últimos lanzamentos e os vehículos que se van comercializar de cara a campaña do 2018.

Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre os visitantes que pechen a compra dun autómobil novo ou de ocasión nestas citas, un cheque regalo por importe de 6.000 euros a descontar do precio de compra do vehículo adquirido.

Un ano máis volverá a colaborarse con Cáritas Ourense e con “Stop Accidentes” que contarán cun posto informativo nestas citas. O obxectivo destas citas é presentar no recinto feiral unha oferta completa e atractiva, que cubra todas as gamas e modelos de vehículos para adaptarse ás necesidades e preferencias dos visitantes. Trátase dun público obxectivo e amplo que poderá consultar nun mesmo espazo e de forma axeitada toda a oferta existente no mercado ourensán, e comparar opcións antes de decidir a compra do seu vehículo.

Artigos relacionados

Back to top button