En portadaÚltima hora

Accidente con tres camións na OU-533 ao seu paso por Viana do Bolo

O accidente tiña lugar ás tres e media da tarde do 12 de novembro.
O accidente tiña lugar ás tres e media da tarde do 12 de novembro.
O accidente obrigaba a cortar esta vía e a dar un paso alternativo ao tráfico pola estrada local da Gudiña-Vilariño-Viana
Imaxe do lugar do accidente, na OU-533.
Imaxe do lugar do accidente, na OU-533.

Ata tres camións se vían implicados no accidente de tráfico que se producía ás 15:30h. do 12 de novembro no municipio de Viana do Bolo. En concreto tiña lugar na estrada OU-533, no punto quilométrico 4,500. Ata alí desprazábanse diversos efectivos, entre eles o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Gudiña, a Garda Civil de Tráfico e o 061.

Os tres vehículos involucrados transportaban abono, area e cemento. Boa parte da carga do camión que levaba o abono, quedaba esparexida pola estrada. Ademais un dos tres camións do sinistro volcaba sobre o seu lateral ocupando todo o ancho da calzada, impedindo así o paso en ambos sentidos.

Boa parte da carga do camión que transportaba abono queda esparexida pola calzada.
Boa parte da carga do camión que transportaba abono queda esparexida pola calzada.

Ante esta situación, dase paso alternativo ao tráfico pola estrada local OUP-0000, que vai dende A Gudiña-Vilariño de Conso-Viana do Bolo, segundo se informa dende a oficina de comunicación da Garda Civil de Tráfico en Ourense. Estes desvíos están sinalizados.

Artigos relacionados

Back to top button