Publicidade
ConcellosÚltima hora

Accidente con varios vehículos implicados no cruce das Ermitas (O Bolo)

Arredor das 22:30h. do mércores 22 de xaneiro producíase unha colisión en cadea á altura do cruce das Ermitas (O Bolo), na estrada que une Viana do Bolo coa Rúa, segundo informa o 112 Galicia.

“Nun primeiro momento, un vehículo, que se manexa sen a necesidade de permiso de conducir, saíuse da vía no cruce das Ermitas. Cando outro condutor para para botarlle unha man, un terceiro vehículo que circulaba por esa estrada espétase contra o coche do segundo implicado. Unha sucesión de sinistros que, por fortuna, saldouse con dúas personas con lesións leves das que foron atendidas, inicialmente, no Punto de Atención Continuada de Viana do Bolo”, segundo o 112 Galicia.

Ata o lugar desprazábanse membros do GES da Gudiña, que, tras a chamada de alerta do 112 Galicia, acudiron ao lugar dos sinistros para prestar colaboración ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Tamén acudía ao lugar do accidente a Garda Civil.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close