ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Accidente de moto na OU-533, á altura de Pixeiros (Viana do Bolo)

Publicidade

 

Arredor das catro e media desta tarde de Xoves Santo producíase un accidente de moto no punto quilométrico 6 da estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), á altura da localidade vianesa de Pixeiros. A moto saíase da estrada e caía pendente abaixo, resultado o seu condutor ferido.

Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato o GES da Gudiña, o 061 Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico. O ferido foi traslado a un centro hospitalario para recibir atención sanitaria.

Artigos relacionados

Back to top button