ConcellosÚltima horaVilamartín

Accidente de tráfico a causa dun xabarín na N-120 en Vilamartín de Valdeorras

 

Pasadas as nove e media do 14 de xaneiro producíase un accidente de tráfico na N-120, ao seu paso polo termo municipal de Vilamartín de Valdeorras, a causa dun xabarín que impactaba contra un vehículo que circulaba pola estrada nese momento, dirección A Rúa. O coche quedou seriamente danado, pero non houbo que lamentar danos persoais. Ata o lugar desprazouse unha pratrulla da Garda Civil do Barco.

Non é a primeira vez que se produce un sinistro deste tipo nesta zona da comarca e nesta estrada. De feito é un punto no que habitualmente se ven animais desta especie cruzando a vía, polo que compre extremar as precaucións, especialmente de noite cando a visibilidade é menor.

 

Artigos relacionados

Back to top button