En portadaÚltima hora

Accidente de tráfico ao final da avenida Manuel Quiroga do Barco

 

Rozando as once da pasada noite tiña lugar un accidente de tráfico na céntrica avenida Manuel Quiroga do Barco, xusto na súa parte final, nas proximidades da ponte de San Fernando. Producíase unha colisión entre dous vehículos, un dos cales quedaba volcado xusto á entrada dun establecemento de hostalaría.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato o 061 Urxencias Sanitarias, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico e os bombeiros do parque comarcal. Malia ao aparatoso do accidente, os ocupantes dos vehículos resultaban ilesos, tan só tiñan algunha contusión.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button