En portadaÚltima hora

Accidente de tráfico con catro feridos na estrada de Alixo (O Barco)

Un coche volcaba nunha curva, saíase da calzada e chocaba contra un castiñeiro arredor das sete e media desta tarde

Arredor das sete e media desta tarde de 27 de marzo producíase un accidente de tráfico na estrada que comunica a localidade de Alixo coa vila do Barco. Un coche, ocupado por catro mozos, volcaba nunha curva moi pronunciada, saíase da calzada e acababa chocando contra un castiñeiro.

Como resultado do sinistro, os catro ocupantes do vehículos resultaban feridos. Ata o lugar do accidente desprazábanse de inmediato os membros do GES Valdeorras, a Garda Civil, a Policia Local, o 061 e os Bombeiros do parque de Valdeorras. Os feridos eran trasladados en ambulancia ao Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button