ConcellosÚltima horaVerín

Accidente de tráfico con dous feridos en Verín

 

Ao fío das cinco da tarde deste sábado 28 de agosto producíase un accidente de tráfico na estrada A-52, no municipio de Verín, no que resultaban feridas dúas persoas. “O 112 Galicia comezou a recibir chamadas de varias persoas particulares que alertaban dun coche que acababa de saírse da estrada A-52, sobre o punto quilométrico 160, e caer por un desnivel. Así, engadían que o turismo quedara envorcado e que no interior do mesmo permanecía unha persoa atrapada”, informa o 112 Galicia.

Dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) notificábaselle o sinistro ao 061, aos Bombeiros do parque de Verín, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil. Durante a transmisión da información, os profesionais sanitarios comunicaron a mobilización do helicóptero medicalizado, con base en Ourense, para o lugar do accidente.

“Ao finalizar a intervención no lugar, a dotación de bombeiros desprazada indicou que non foi necesario excarcerar ao non haber persoas atrapadas e, pola súa banda, urxencias médicas confirmou o traslado de dous feridos, un en helicóptero e outro en ambulancia, ata o Hospital de Ourense”, segundo o 112 Galicia.

Para manter e restablecer a seguridade da estrada, desde o 112 Galicia tamén se avisou do sinistro ao persoal de mantemento da vía e ao Centro de Xestión de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button