ConcellosPetínÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos en Freixido de Abaixo (Petín)

Publicidade

 

Arredor das 16:15h. da tarde deste venres producíase un accidente de tráfico en Freixido de Abaixo (Petín). Dúas persoas resultaban feridas ao saírse da vía o coche no que viaxaban e chocar contra outro vehículo estacionado.

Tras recibir o aviso dun particular, o CIAE-112 Galicia comunicaba o sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros e membros do GES de Valdeorras, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Segundo se lle informou ao 112 Galicia, os feridos eran dous “menores que non parecían revestir gravidade”.

 

Artigos relacionados

Back to top button