ConcellosSoberÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos en Sober

 

Arredor das catro desta tarde de venres producíase un accidente de tráfico na estrada que une Sober e Vilaescura, ao paso polo lugar do Arroxó, na parroquia de Anllo, na veciña provincia de Lugo. Tres persoas resultaron feridas despois de saírse da vía e chocar contra un muro o vehículo no que viaxaban.

Así o indicaron os profesionais de urxencias sanitarias que chamaron ao 112 Galicia “para informar da mobilización dunha ambulancia ata o lugar dos feitos. Nada máis ter constancia do suceso, para prestar apoio ao equipo médico de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, desde o 112 pediuse a colaboración dos Bombeiros de Monforte, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil da localidade”, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button