ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos na N-120 ao seu paso pola Rúa

Un vehículo saíase da vía e os seus dous ocupantes resultaban feridos, sendo trasladados en ambulancia ao hospital

 

En torno ás 16:50h. desta tarde de 15 de outubro producíase un accidente de tráfico con feridos na estrada N-120 ao seu paso pola localidade da Rúa. En concreto un vehículos saíase da vía no punto quilométrico 468, nas proximidades da residencia dos Pinos dirección O Barco.

Ata o lugar desprazábanse de inmediato os servizos de emerxencias: varias ambulancias do 061-Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico, o GES Valdeorras, os Bombeiros do Parque Comarcal da Rúa e a Policía Local. Unha vez alí, os bombeiros “descartaron empregar o material de excarceración. Iso si, axudaron ás persoas a saír do coche, que rematou nunha posición que impedía aos seus ocupantes saír polo seu propio pé”, segundo informa o 112 Galicia. Estas dúas persoas que resultaban feridas foron trasladadas a hospital.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, “tamén no mesmo punto tivo lugar unha colisión por alcance entre dous vehículos, cuxos ocupantes detiveran a marcha para socorrer ás persoas feridas na saída de vía. Neste caso, non houbo que lamentar danos persoais”, segundo se informa dende o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button