ConcellosSoberÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos na N-120 ao seu paso por Sober

 

Arredor das 12h. deste luns 8 de novembro producíase un accidente de tráfico na estrada N-120, en Neiras, no concello lucense de Sober.

Era un particular quen alertaba ao 112 Galicia do suceso. “Ademais de indicar que un dos coches estaba envorcado, aseguraba que o condutor precisaba asistencia sanitaria pero que non eran precisos os medios de excarceración, posto que, a persoa atopábase fora do vehículo. Finalmente, dúas persoas necesitaron asistencia sanitaria”, tal e como informa o 112 Galicia, que avisou decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Monforte e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Os servizos sanitarios evacuaron ás persoas, que foron trasladadas ao Hospital de Monforte, citando os datos do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button