ConcellosÚltima hora

Accidente de tráfico con feridos nas proximidades de Cova (Trives)

 

Uns minutos antes das 14h. deste sábado 25 de xaneiro producíase un accidente de tráfico na estrada OU-0703 á altura da localidade de Cova (A Pobra de Trives), antes do cruce da estación de montaña.

Un turismo saíase da vía con posterior volta de campá. Os seus tres ocupantes resultaban feridos leves, segundo as primeiras informacións, e eran evacuados polo 061 para recibir atención sanitaria.

Neste operativo de emerxencia participaban os membros da Agrupación de Protección Civil da Pobra de Trives, o GES Castro Caldelas, o 061-Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close